Reddit for WooCommerce

Descrición

Reddit for WooCommerce integra sen problemas a túa tenda WooCommerce coa potente plataforma publicitaria de Reddit, o que che permite acadar millóns de clientes potenciais mediante anuncios visuais atractivos.

Conecta a túa conta de Reddit Business para sincronizar automaticamente o teu catálogo de produtos, crear campañas publicitarias segmentadas e facer seguimento das conversións directamente desde o teu escritorio de WooCommerce. O plugin ofrece un proceso de configuración áxil con indicacións paso a paso para poñer en marcha a túa primeira campaña rapidamente.

As características principais inclúen a exportación do catálogo de produtos para os Dynamic Ads de Reddit, o seguimento de conversións para medir o rendemento das campañas e o seguimento do píxel para crear audiencias personalizadas. A integración funciona a través do menú Marketing de WooCommerce e ofrece unha interface familiar para xestionar a túa publicidade en Reddit xunto con outros canles de marketing.

Tanto se queres aumentar o recoñecemento da marca, impulsar as vendas ou volver captar clientes existentes, Reddit for WooCommerce ofrécete as ferramentas que precisas para crear campañas publicitarias eficaces que convertan os visitantes en clientes.

Instrucións

Comezar a usar o plugin Reddit for WooCommerce é rápido e doado! Só tes que seguir estes sinxelos pasos:

  1. Instala e activa o plugin.
    • Unha vez activado, vai a Marketing Reddit no teu escritorio de WordPress.
  2. Conecta a túa conta de WordPress.com.
    • Na pantalla de configuración, fai clic en Connect xunto a WordPress.com e inicia sesión.
  3. Conecta a túa conta de Reddit Business.
    • Fai clic en Connect xunto a Reddit e segue os pasos en pantalla para iniciar sesión na túa conta de Reddit Business.
  4. Completa a configuración.
    • Cando as dúas contas estean conectadas, fai clic en Continue para completar o proceso de configuración.
  5. Xestiona os teus axustes.
    • Levarémoste á páxina de axustes, onde poderás activar ou desactivar o seguimento de conversións en calquera momento, ou desconectar Reddit se é necesario.
  6. Comproba que todo funciona.
    • No teu Reddit Event Manager, confirma que os eventos se están a rexistrar correctamente.
    • Comproba que o teu catálogo de produtos aparece no teu panel de Reddit e que os teus produtos se sincronizan correctamente.

Instrucións para compilar o plugin

  • Require node v20 e NPM v10.
  • Require PHP composer v2.
  • Executa npm ci && npm run build na raíz do plugin.
  • Usa o arquivo reddit-for-woocommerce.zip xerado.

Servizos externos

Este plugin conéctase a unha conta de Reddit Business de Reddit para sincronizar automaticamente o catálogo de produtos e facer seguimento do píxel e dos eventos de conversión. Para o seguimento do píxel, o plugin carga o script do píxel desde https://www.redditstatic.com/ e envía detalles dos produtos, totais dos pedidos, o enderezo IP do usuario e información do axente de usuario na carga do evento, se o usuario deu o seu consentimento.

Este servizo ofréceo «Reddit, Inc.»: condicións de uso, política de privacidade.

Preguntas frecuentes

Usa o plugin algún servizo externo?

Si, usa unha conta de Jetpack para conectarse e comunicarse coa API de Reddit.

Comentarios

13 de Novembro de 2025 5 respostas
Reddit claims IMPORT ERRORS for ALL products – "Description is invalid. The Description seems to have some HTML code in it. Please remove any code or script from the Description to resolve the issue."
13 de Novembro de 2025 1 resposta
On the very first release, the Reddit for WooCommerce developers already have implemented great features that help third party developers to integrate really well with this plugin. Looking forward to what's coming.
Ler a 1 opinión

Colaboradores e desenvolvedores

“Reddit for WooCommerce” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.

Colaboradores

“Reddit for WooCommerce” foi traducido a 4 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.

Traduce “Reddit for WooCommerce” ao teu idioma.

Interesado no desenvolvemento?

Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.

Rexistro de cambios

1.0.7 – 2026-10-08

  • Engadido – Caixa meta «Visibilidade da canle» na pantalla de edición de produtos para mostrar ou ocultar cada produto no catálogo de Reddit.
  • Engadido – Promoción de Reddit Ads na caixa meta «Atribución de pedidos» para os pedidos procedentes de Reddit.
  • Axuste – Actualizada a versión «probada ata» de WooCommerce á 11.2.

1.0.6 – 2026-09-08

  • Fix – Establécese o bid_type obrigatorio como CPM ao crear un grupo de anuncios de Reddit, o que corrixe os erros «Request failed» que impedían completar a incorporación.
  • Fix – Os eventos AddToCart de CAPI agora levan un ID de conversión non baleiro para o fluxo ?add-to-cart=.
  • Fix – Inclúese a URL de orixe do evento nas cargas da Conversions API de Reddit, o que mellora a detección do dominio e a coincidencia alternativa por ID de clic.
  • Fix – Envíanse de forma asíncrona os eventos PageVisit e ViewContent da Conversions API para que xa non bloqueen a carga da páxina do visitante.
  • Axuste – Súbese a versión «tested up to» de WooCommerce á 11.1.
  • Tweak – Inclúese o parámetro de consulta do ID do píxel na URL do script de Reddit Pixel.

1.0.5 – 2026-08-19

  • Fix – Valídase a clave do pedido antes de lanzar o píxel de compra de Reddit na páxina de pedido recibido, o que evita que os detalles do pedido se expoñan a visitantes sen identificar.
  • Dev – Actualízase WPCS á 3.4.1 para corrixir CVE-2026-45293, unha vulnerabilidade de execución de código arbitrario en WordPress Coding Standards.
  • Tweak – Sóbese a versión «Tested up to» de WordPress á 7.1
  • Tweak – Sóbese a versión «Requires at least» de WordPress á 6.9

Consulta o rexistro de cambios de todas as versións.