WordPress.org

Plugin Directory

Forminator Forms – Formulario de contacto, formulario de pago & maquetador de formularios personalizados

Forminator Forms – Formulario de contacto, formulario de pago & maquetador de formularios personalizados

Descrición

Non é o típico plugin para facer formularios. Forminator é o plugin de maquetador de formularios para WordPress doado de usar para calquera web e situación. É a forma máis sinxela de crear calquera formulario: formulario de contacto, formulario de pedido, formulario de pago, formulario de correo electrónico, widgets de comentarios, enquisas interactivas con resultados en tempo real, cuestionarios ao estilo de Buzzfeed “sen respostas incorrectas”, calculadoras de orzamentos de servizos e formularios de rexistro con opcións de pago, incluídos PayPal e Stripe.

É o máxico maquetador de formularios de WordPress para, bo, todo o mundo!

O editor visual de arrastrar e soltar de Forminator facilita a configuración e a inclusión de formularios na túa web de WordPress. Recolle información, fai que o teu contido sexa interactivo e xera máis conversións con Forminator.

Desbloquea todos os campos de formulario e complementos premium desde o principio con Forminator Pro.

Sube de nivel ao momento con características exclusivas de Pro, como formularios de subscrición de Stripe, xeración dinámica de PDF e xeolocalización & autocompletado sinxelos. Máis información sobre Pro.

Formularios, sondaxes, cuestionarios, enquisas, cálculos e moito máis de Forminator…

  • Formularios: formularios personalizados para todo o que precises, con tantos campos como queiras.
  • Enquisas: enquisas interactivas para recoller as opinións dos usuarios, con moitas opcións e axustes dinámicos.
  • Cuestionarios: cuestionarios divertidos ou desafiantes para que os teus visitantes os fagan e os compartan nas redes sociais.
  • Cálculos: recolle información, xera clientes potenciais, recibe pedidos e fai que os visitantes participen.
  • Pagos: cobra pagos, doazóns e anticipos e vende produtos promocionais coas integracións de Stripe e PayPal incluídas.

Aprende o básico con estes titoriais prácticos de Forminator

Acepta pagos con Stripe e PayPal

Comeza a cobrar pagos con Forminator. Non é necesario actualizar a Pro! Inclúense Stripe e PayPal compatibles coa SCA. Só tes que introducir as túas claves de publicación para activar o módulo de pagos de Forminator, tanto para pagos fixos como variables.

Stripe Verified Partner

Forminator tamén está orgulloso de ser Stripe Verified Partner. Esta colaboración permítenos axudarche a sacar o máximo partido da nosa integración con Stripe grazas a recursos adicionais, por exemplo, a capacidade de escalar consultas de soporte ou solicitar revisións de prezos personalizadas.

Pagos dinámicos de Stripe

Ofrece máis de 40 métodos de pago co Dynamic Payment Element de Stripe, entre eles Apple Pay, Google Pay, Klarna e moitos máis. Xestiona facilmente que opcións de pago están dispoñibles para os teus usuarios.

Os cálculos atraen clientes potenciais

Hai literalmente miles de combinacións para darlle valor ao teu sitio cos cálculos:

  • Formularios de rexistro con paquetes de actualización
  • Vende unha camiseta con variacións de talla, cor, prezo e impostos
  • Engade unha calculadora de IMC e/ou de inxestión de calorías ao teu blog de saúde e fitness
  • Incrusta unha calculadora de préstamos no teu sitio de finanzas
  • Dálle a unha matrona unha calculadora da data prevista de parto
  • Orzamentos instantáneos ou calculadora de prezos de servizos
  • Pon unha calculadora de ROI no sitio da túa axencia
  • E moito, moito, moito máis…

Bloques de formulario de arrastrar e soltar

Forminator ten moitos bloques de arrastrar e soltar que facilitan a creación de formularios: nome, correo electrónico, número de teléfono, texto, subida de arquivos, web, data, hora, número, HTML, paxinación, botóns de opción, consentimentos compatibles co RXPD, pagos, cálculos e campo oculto.

As túas integracións favoritas, incluídas máis de 1000 aplicacións xa engadidas

Forminator inclúe as integracións de terceiros favoritas do público: servizos de correo electrónico, CRM, almacenamento e xestores de proxectos.

Desenvolve e vende as túas propias extensións

Forminator é gratuíto e aberto para millóns de usuarios de WordPress! Usa a API para desenvolvedores e os ganchos e filtros incluídos para crear as túas propias integracións ou aplicacións personalizadas, e véndeas ou regálaas aquí en WordPress.org.

Fai enquisas aos teus visitantes

As enquisas son unha forma xenial de facer que os visitantes participen. Forminator ofrece resultados en tempo real con estatísticas en directo que se mostran en fermosos gráficos de sectores e gráficas.

Os teus propios cuestionarios ao estilo de Facebook

A quen non o lían para facer «tests de intelixencia» e cuestionarios de «descobre que personaxe de Star Wars es» en Facebook? Agora podes levar todo ese tráfico ao teu sitio. Crea con Forminator tanto cuestionarios de coñecementos como cuestionarios sen respostas incorrectas.

Consegue clientes potenciais cos teus cuestionarios

Queres usar os teus cuestionarios para algo máis que entreter e facer que a túa audiencia participe? Forminator tamén che permite recoller os datos dos participantes (por exemplo, nome, correo electrónico, etc.) integrando un formulario de captación de clientes potenciais no teu cuestionario.

Bloque de Gutenberg

Forminator axúdache tanto se usas o editor clásico como se es dos primeiros en adoptar Gutenberg. Dille adeus aos shortcodes e engade rapidamente formularios ás entradas co bloque de Forminator para Gutenberg.

Enrutamento de correo electrónico e enchido previo

Fai que o teu sitio sexa máis eficiente, desde os datos que introducen os visitantes ata os tempos de resposta por correo electrónico. Usa cadeas de consulta para encher previamente a información dos teus visitantes e envía os formularios directamente a equipos concretos co enrutamento de correo electrónico, as respostas automáticas e as condicións.

Envío de entradas polos usuarios desde a portada

Queres permitir que os teus visitantes compartan unha entrada sen precisar acceso ao escritorio de WordPress? Con Forminator, os visitantes poden enviar ideas para entradas desde a portada do teu sitio para que poidas seleccionar e publicar facilmente as súas achegas. Asigna a entrada a un autor por defecto, gárdaa como borrador, publícaa ao momento, etc.

Google reCAPTCHA

Non queres que a túa caixa de entrada se inunde de spam de formularios. Google ReCAPTCHA é gratuíto con Forminator. Agora podes deter os bots tolos sen complicarlles a vida aos teus visitantes. Acabáronse as frases aleatorias difíciles de ler.

Características antispam

Protexe os teus formularios con ferramentas antispam integradas como reCAPTCHA, hCaptcha e Cloudflare Turnstile. Tamén podes permitir ou bloquear enderezos de correo electrónico, dominios ou TLD concretos mediante filtros de correo electrónico personalizables.

Modelos na nube e predefinidos

Acelera a creación de formularios cos modelos predefinidos ou aforra tempo reutilizando os teus propios formularios personalizados entre sitios cos modelos na nube sincronizados a través do HUB.

Recolle, fai o seguimento e cumpre o RXPD

Forminator almacena e organiza os envíos para que poidas ordenar, analizar e xestionar as respostas; e, por suposto, todo isto facendo que sexa moi doado cumprir o RXPD e outras políticas legais de privacidade.

Importa os teus datos existentes de Contact Form 7

Queres mover formularios existentes desde CF7? O asistente de importación de Forminator permite migrar todos os formularios, ou os seleccionados, nun par de clics. Tamén podes transferir datos de diversos complementos e axustes de Contact Form 7.

Formularios personalizados de acceso e rexistro

Crea e incrusta formularios personalizados de acceso e rexistro para os teus sitios (ou multisitios!). Leva os formularios de acceso & rexistro ao seguinte nivel: elixe entre unha variedade de campos de formulario e personaliza os axustes, o estilo e o comportamento.

Campo de subida de varios arquivos

Ademais de permitir subir un só arquivo, Forminator vai máis alá e permite que os usuarios suban varios arquivos. Tamén podes elixir establecer tipos de arquivo concretos, limitar o número de arquivos que se poden subir e o tamaño de cada arquivo. A interface de arrastrar e soltar do campo de subida tamén fai que subir arquivos sexa moi doado para os usuarios.

Agrupa e repite campos de formulario

A característica de grupo de campos permite agrupar calquera número de campos nun formulario. Tamén podes permitir que os usuarios engadan tantos grupos de campos adicionais como precisen ao encher o formulario. Ideal para introducir datos repetibles, como o historial laboral, os asistentes a un evento, listas, etc.

Restricións de campo de data avanzadas

Perfecto para reservas de citas e de hoteis: a característica de límites do selector de datas de Forminator permite restrinxir as datas dispoñibles que se mostran no calendario do campo de data. Por exemplo, podes mostrar só datas futuras, un número seleccionado de datas a partir de hoxe, datas dentro dun intervalo concreto, días concretos da semana e moito máis!

Engade un campo de formulario de sinatura electrónica (só Pro)*

Tes unha solicitude en liña que require unha sinatura ou un contrato que precisas que asinen os teus clientes? A característica de sinatura electrónica de Forminator permite que os visitantes usen o rato, o trackpad ou o dedo (en dispositivos táctiles) para deixar unha sinatura ao enviar o formulario. Só tes que inserir o campo «E-Signature» e listo!

Recibe subscricións e pagos recorrentes en Stripe (só Pro)*

Crea formularios de subscrición totalmente personalizados co complemento Stripe Subscription de Forminator Pro. Permite que os teus clientes elixan plans/prezos, ciclo de facturación, vendas adicionais personalizadas, unha opción de proba gratuíta e, por suposto, que fagan pagos seguros con tarxeta. Forminator tamén che aforra tempo sincronizando ao instante e automaticamente todos os datos dos formularios de subscrición directamente coa túa conta de Stripe.

*Nota: Estas características só están dispoñibles con Forminator Pro. Obtén acceso inmediato a Forminator Pro (e a todos os nosos outros plugins premium, aloxamento WP xestionado, a nosa plataforma de xestión de sitios The Hub e soporte experto 24/7) cunha subscrición a WPMU DEV.

Que di a xente acerca de Forminator?

★★★★★

Un plugin incrible; parece que só a túa imaxinación pode limitar os seus usos. Moitísimas características, como cobrar pagos ou o calendario, de balde. Non podo crer que todo o que preciso estea aí; esperta a creatividade e fai que traballar nunha web sexa divertido. – araca

★★★★★

Este plugin ten unha interface de usuario excelente, ben pensada e ben deseñada, e ofrece todo o que buscaba (e creo que probei todos os competidores serios). – tvsmvp

★★★★★

Este plugin é, con diferenza, o mellor maquetador de formularios gratuíto! Investiguei moitos, pero este é moi doado de usar… Próbao. ESTOU SEGURO de que CHE VAI ENCANTAR. – johncarteroz

★★★★★

Un deseño de interface xenial, moi doado de usar e cunha funcionalidade estupenda. Normalmente non escribo valoracións, pero gustoume tanto que esta vez tiven que facelo! – istavridi

Autopromoción descarada (de plugins)

Encántache Forminator? WPMU DEV ten outros plugins gratuítos incribles que deberías probar.

  • Smush – Compresión e optimización de imaxes
  • Hummingbird – Optimización da velocidade das páxinas
  • Hustle – Ventás emerxentes, paneis deslizantes e subscricións por correo electrónico
  • SmartCrawl – Optimizador de SEO
  • Defender – Seguridade, monitorización e protección contra ataques

Acerca de nós

WPMU DEV é un provedor premium de plugins, servizos e soporte de calidade para WordPress. Únete aquí:
https://wpmudev.com/

Non esquezas estar ao día de todo o relacionado con WordPress co recurso número un de Internet:
WPMU DEV Blog

Ei, unha cousa máis… esperamos que desfrutes das nosas propostas gratuítas tanto como nós desfrutamos creándoas para ti!

Contacto e agradecementos

WPMU DEV

Capturas

Preguntas frecuentes

Por que elixir Forminator en lugar de WPForms?

Forminator ofrece máis características e funcionalidades ca WPForms, sobre todo na súa versión gratuíta. Mentres que WPForms Lite ten un acceso limitado ás ferramentas esenciais, Forminator ofrece máis de 20 campos de formulario, lóxica condicional e unha protección completa contra o spam.

Ademais, Forminator ofrece integracións de pago tanto con Stripe como con Paypal, mentres que WPForms Lite só se integra con Stripe. Forminator tamén é compatible cunha gama máis ampla de integracións, así como con ferramentas de cuestionarios e enquisas, opcións avanzadas de personalización e estilo e unha xestión de envíos sólida. Estas características só están dispoñibles na versión pro de WPForms.

Inclúe Forminator un bloque de Gutenberg?

Claro que si. Forminator está creado para funcionar tanto no editor de Gutenberg como no de ClassicPress.

Está Forminator preparado para o RXPD?

Forminator facilita que cumpras o RXPD e outras normativas locais de privacidade… todas as ferramentas están incluídas, pero, en definitiva, depende de ti aplicar unhas boas prácticas de privacidade e protección de datos no teu sitio. Facede o correcto, xente.

Podo aceptar pagos con Forminator?

Si! Forminator inclúe integracións gratuítas con Stripe e PayPal. O Dynamic Payment Element de Stripe é compatible con máis de 40 opcións, entre elas Apple Pay, Google Pay, Amazon Pay e Klarna.

Cumpren as opcións de pago de Forminator coa SCA?

Si! Forminator non xestiona o procesamento dos pagos. Traballamos con Stripe e PayPal para garantir que as integracións incorporadas cumpran a normativa de identificación reforzada de clientes (SCA) da UE (PSD2).

Pode Forminator axudar a evitar os envíos de spam?

Forminator inclúe ferramentas antispam integradas, como integracións de Captcha de varios provedores, campos de reclamo (honeypot), filtros de correo electrónico e compatibilidade con servizos de terceiros como Akismet.

Como creo un formulario de contacto en WordPress con Forminator?

Preparamos unha guía sinxela sobre os formularios de contacto de Forminator no noso blog. Podes ler o artigo aquí

Quero desenvolver para Forminator! Onde podo atopar a documentación da API?

Descubre todo o que precisas saber consultando a nosa documentación da API aquí

Onde podo atopar a documentación de Forminator?

https://wpmudev.com/docs/wpmu-dev-plugins/forminator/

Como podo informar de problemas de seguridade ou fallos?

Tomamos moi en serio a seguridade do plugin; se tes un fallo ou unha vulnerabilidade que informar, podes facelo a través do Patchstack Vulnerability Disclosure Program. É rápido e doado, e recibirás un aviso cando se corrixa o problema. Informar dunha vulnerabilidade.

Comentarios

1 de Outubro de 2026 1 resposta
Fantastic plugin with all the bells and whistles. Would recommend frontend be optimised further for speed of loading the form when condiional logic is applied to forms, other than that I'm happy with the plugin.
Ler todas as 2.136 opinións

Colaboradores e desenvolvedores

“Forminator Forms – Formulario de contacto, formulario de pago & maquetador de formularios personalizados” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.

Colaboradores

“Forminator Forms – Formulario de contacto, formulario de pago & maquetador de formularios personalizados” foi traducido a 25 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.

Traduce “Forminator Forms – Formulario de contacto, formulario de pago & maquetador de formularios personalizados” ao teu idioma.

Interesado no desenvolvemento?

Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.

Rexistro de cambios

1.57.3 ( 2026-09-17 )

  • Mellora: compatibilidade con Stripe Adaptive Pricing para importes de pago dinámicos
  • Mellora: compatibilidade coas descricións de pago para PayPal
  • Mellora: engadir un filtro para personalizar a clase CSS da sección forminator-row
  • Corrección: evitar que se engadan apóstrofos iniciais ás celas de cadea en Google Sheets
  • Corrección: evitar que a ventá emerxente da enquisa de desactivación se amontoe na páxina de plugins

1.57.2.1 ( 2026-09-17 )

  • Corrección: melloras de seguridade (props: Karthik Ramakrishnan, Dion Mulaj, vuxvinh)

1.57.2 ( 2026-08-27 )

  • Corrección: melloras de seguridade

1.57.1.1 ( 2026-08-27 )

  • Corrección: melloras de seguridade (props: Badr Azeez)

1.57.1 ( 2026-08-18 )

  • Corrección: problema de seguridade que afectaba ao rexistro de sitios en multisitio (props: Jakub Herman)

1.57.0.8 ( 2026-08-18 )

  • Corrección: problema de seguridade que afectaba ao procesamento dos pagos (props: Jakub Herman)

1.57.0.7 ( 2026-08-18 )

  • Corrección: vulnerabilidade de escalada de privilexios

1.57.0.6 ( 2026-08-18 )

  • Corrección: vulnerabilidade – PHP Object Injection

1.57.0.5 ( 2026-08-18 )

  • Corrección: melloras de seguridade en Hub-Connector (props: Jakub Herman)

1.57.0.4 ( 2026-08-18 )

  • Corrección: vulnerabilidade de Cross-Site Scripting (XSS)

1.57.0.3 ( 2026-08-18 )

  • Corrección: vulnerabilidade de Cross-Site Scripting (XSS)

1.57.0.2 ( 2026-08-18 )

  • Corrección: vulnerabilidade de Cross-Site Scripting (XSS)

1.57.0.1 ( 2026-08-18 )

  • Corrección: vulnerabilidade de Cross-Site Scripting (XSS)

1.57.0 (2026-08-12)

  • Mellora: engadiuse unha opción para definir un ID de envío personalizado para cada formulario
  • Mellora: engadiuse o axuste de prefixo do ID de envío
  • Mellora: exportación/importación de cuestionarios que inclúen un formulario de captación de clientes potenciais
  • Mellora: engadiuse unha opción para encher os campos baleiros con «N/A» nos avisos por correo electrónico
  • Mellora: o campo de selector de datas inclúe agora un axuste de desprazamento para a data de hoxe
  • Mellora: mellorouse o rexistro de erros e a xestión de parámetros de Stripe
  • Mellora: mellorouse a eliminación de membros e a validación do estado na integración con Mailchimp
  • Mellora: engadiuse compatibilidade co prefixo do país nas etiquetas de combinación do campo de teléfono
  • Mellora: engadíronse máis idiomas compatibles para o campo de Stripe
  • Mellora: os despregables de moedas de Stripe agora ordénanse alfabeticamente polo código de moeda
  • Mellora: engadíronse advertencias de obsolescencia para o campo herdado de elemento de tarxeta de Stripe
  • Mellora: o campo de Stripe agora recárgase só co último cambio de importe en lugar de actualizarse con cada cambio rápido
  • Mellora: o envío do formulario xa non se bloquea cando os campos asignados de teléfono ou correo electrónico de facturación están ocultos por condicións de visibilidade
  • Mellora: engadiuse un aviso sobre a incompatibilidade do Visual Builder de Divi 5 coa renderización de shortcodes
  • Mellora: os datos do aviso agora pásanse ao filtro forminator_custom_form_mail_admin_message
  • Corrección: os pagos de PayPal agora funcionan correctamente con máis dun campo repetidor
  • Corrección: gardar borradores xa non falla cando un importe variable de Stripe non é válido
  • Corrección: as mensaxes de validación dos axustes das integracións agora pódense traducir
  • Corrección: resolveuse un erro de JavaScript ao cambiar entre o editor visual e o de código nos campos de área de texto enriquecido e de datos da entrada
  • Corrección: a ventá emerxente do xerador de shortcodes xa non deixa espazo en branco na páxina ao cargar
  • Corrección: as opcións de 2FA de Defender agora pódense seleccionar no navegador Safari ao usar un formulario de acceso de Forminator
  • Corrección: os campos de nome cun só subcampo agora usan correctamente o deseño de ancho completo
  • Corrección: os resultados das enquisas xa non saltan co scroll despois de cada voto
  • Corrección: a paxinación na ventá emerxente de vista previa do formulario agora fai scroll en lugar de desbordarse
  • Corrección: a vista previa do bloque de Gutenberg agora funciona correctamente coas ligazóns permanentes simples
  • Corrección: as enquisas agora cárganse correctamente na portada cando se usa o método de envío con recarga da páxina
  • Corrección: resolveuse un erro de JavaScript ao pechar a ventá emerxente de Forminator no editor clásico
  • Corrección: o marcador de posición do campo de sinatura agora móstrase correctamente
  • Corrección: corrixiuse a validación dos números de teléfono de 10 díxitos de Benín (BJ)
  • Corrección: engadíronse os controis de personalización de cor que faltaban para os subcampos de datos da entrada
  • Corrección: erro máis claro cando Mailchimp rexeita un campo de enderezo incompleto
  • Corrección: os envíos en borrador agora son visibles na páxina de envíos cando non existen entradas previas
  • Corrección: a cabeceira de publicación xa non queda fixa despois de pechar a vista previa do formulario
  • Corrección: os estilos CSS personalizados agora aplícanse correctamente aos despregables de Select2
  • Corrección: buscar un formulario mentres a páxina aínda se está cargando xa non provoca un erro
  • Corrección: resolveuse a advertencia de clave de array non definida nos campos de sinatura dos formularios de captación de clientes potenciais
  • Corrección: os axustes de arquivos adxuntos agora impórtanse correctamente desde Contact Form 7
  • Corrección: os valores de botón de opción, caixa de verificación e selección agora aparecen correctamente nos correos electrónicos de reenvío de borradores
  • Corrección: os modos visual e de código de TinyMCE agora cambian correctamente dentro das ventás emerxentes de Hustle
  • Corrección: facer clic nas caixas de verificación dos axustes de envío xa non provoca un scroll automático non desexado da páxina
  • Corrección: o despregable de tres puntos agora ábrese correctamente nas configuracións rexionais guxarati e hindi
  • Corrección: resolveuse un erro crítico cando se repiten campos HTML e de número baleiros dentro dun grupo de campos
  • Corrección: o formato da data de vencemento de Trello agora valídase cunha xestión de erros máis clara para as datas non válidas

1.56.2 (2026-07-30)

  • Corrección: vulnerabilidade de subida arbitraria de arquivos

1.56.1 (2026-07-30)

  • Corrección: vulnerabilidade de Cross-Site Scripting (XSS)

1.56.0.1 (2026-07-30)

  • Corrección: vulnerabilidade de escalada de privilexios

1.56.0 ( 2026-07-21 )

  • Novidade: engadiuse a autorización Stripe Connect (OAuth) para conectar contas de Stripe
  • Novidade: engadiuse o fluxo de pago Stripe Checkout Sessions
  • Novidade: engadiuse compatibilidade con Adaptive Pricing
  • Mellora: migración automática dos formularios existentes á API Checkout Sessions de Stripe
  • Mellora: separáronse as configuracións das claves da API de Stripe en modo real e de proba
  • Mellora: eliminouse a sección de autorización manual de Stripe para simplificar a conexión de contas
  • Mellora: mellorouse a compatibilidade con S3 e co almacenamento na nube na validación da ruta dos adxuntos
  • Mellora: elimínanse os caracteres Unicode de ancho cero durante a sanitización da entrada
  • Mellora: engadiuse a posibilidade de cambiar o texto do botón «Ver resultados» nos cuestionarios paxinados
  • Mellora: melloras de seguridade
  • Corrección: a vista previa cárgase agora no editor do sitio cando se engade un formulario a través de Bloques > Formulario
  • Corrección: corrixíronse os importes de pago non válidos ao usar a función round() nos campos de cálculo
  • Corrección: mellorouse o escape na exportación a CSV dos caracteres de control iniciais
  • Corrección: o límite de envíos do campo de selección xa non falla coas opcións HTML cargadas mediante AJAX
  • Corrección: os campos de selección con etiquetas HTML e apóstrofos nos valores das opcións validan agora correctamente
  • Corrección: as etiquetas HTML elimínanse agora dos valores das opcións de selección ao contar os límites
  • Corrección: evitouse un erro fatal ao gardar o formulario cando está activo un complemento de Stripe desactualizado
  • Corrección: corrixiuse a advertencia do modo de pago de Stripe na páxina da lista de formularios
  • Corrección: eliminouse a carga herdada da CDN de Google Charts na administración e na parte pública das enquisas
  • Corrección: a ventá emerxente de desconexión xa non elimina a puntuación do seu texto
  • Corrección: corrixiuse a advertencia de PHP nos rexistros ao executarse a función de exportación programada

1.55.1 ( 2026-07-02 )

  • Corrección: melloras de seguridade

1.55.0 ( 2026-06-10 )

  • Mellora: mellorouse o rendemento en Safari dos formularios con lóxica condicional complexa e un gran número de campos
  • Mellora: engadíronse opcións configurables de renderizado de PDF para amosar as imaxes como imaxes ou como ligazóns/texto
  • Mellora: mellorouse a compatibilidade da integración con MailerLite cos fluxos de traballo de dobre confirmación
  • Mellora: engadiuse a compatibilidade con valores por defecto no campo de puntuación
  • Mellora: engadiuse a compatibilidade co ID de envío nas exportacións de envíos manuais e programadas
  • Mellora: melloráronse as mensaxes de erro do campo de datos da entrada para amosar a etiqueta do campo correspondente
  • Mellora: engadíronse indicacións máis claras sobre os requisitos de seguridade do contrasinal
  • Mellora: engadiuse a validación dos campos de asunto dos avisos das enquisas
  • Mellora: melloras de seguridade
  • Corrección: os envíos dos formularios xa non fallan cando un campo obrigatorio ten unha condición de visibilidade baseada nun campo de subida
  • Corrección: «Gardar borrador» funciona agora correctamente nos campos de grupo repetidos que conteñen campos de subida múltiple de arquivos ao retomar os borradores
  • Corrección: os envíos do campo de sinatura gárdanse agora correctamente cando os formularios se cargan mediante AJAX dentro de ventás emerxentes
  • Corrección: a validación de Captcha v2 aplícase agora antes de que os usuarios poidan pasar á seguinte páxina nos formularios paxinados
  • Corrección: resolvéronse as alertas de reCAPTCHA non válido que aparecían nos formularios paxinados
  • Corrección: a característica de protección do acceso de Defender funciona agora correctamente nos formularios de acceso de Forminator
  • Corrección: aparece unha advertencia cando están activados o campo de grupo e «Gardar & continuar»
  • Corrección: corrixiuse a mensaxe de advertencia que se amosaba despois de enviar un borrador ao usar a recarga da páxina con formularios cargados mediante AJAX
  • Corrección: os campos de datos varios funcionan agora correctamente na mensaxe de retomada dos formularios con «Gardar & continuar»
  • Corrección: o botón de exportación de envíos xa non redirixe os usuarios á parte pública do sitio mentres se carga a páxina
  • Corrección: o editor TinyMCE inicialízase agora correctamente dentro das ventás emerxentes de Elementor
  • Corrección: mellorouse a compatibilidade do campo de texto enriquecido coas ventás modais e as ventás emerxentes
  • Corrección: resolvéronse os conflitos de carga AJAX entre os formularios de Forminator e as ventás emerxentes de Hustle na mesma páxina
  • Corrección: elimináronse as visualizacións múltiples innecesarias ao crear, editar e gardar entradas con formularios, cuestionarios ou enquisas adxuntos
  • Corrección: resolvéronse os erros da consola ao crear formularios novos ou copiar shortcodes
  • Corrección: o campo HTML funciona agora correctamente cando hai varios formularios na mesma páxina
  • Corrección: os límites do selector de datas baseados noutro selector de datas funcionan agora correctamente cando hai varias copias do mesmo formulario nunha páxina
  • Corrección: o selector de datas valida agora correctamente os valores de data pegados e os enchidos automaticamente polo navegador
  • Corrección: corrixíronse os cálculos do tamaño dos arquivos durante as subidas para garantir mensaxes de validación precisas
  • Corrección: o campo de subida restrinxe agora correctamente os tipos de arquivo seleccionables cando só se permiten arquivos ZIP
  • Corrección: os arquivos subidos múltiples amósanse agora correctamente nos campos HTML
  • Corrección: evitouse que aparecese HTML nos envíos dos campos de área de texto
  • Corrección: os campos de selección con etiquetas HTML nos valores das opcións pódense enviar agora correctamente
  • Corrección: os límites de envíos dos campos de selección funcionan agora correctamente nos formularios de captación dos cuestionarios
  • Corrección: as exportacións a CSV dos envíos dos cuestionarios inclúen agora os valores das preguntas con varias respostas correctas
  • Corrección: eliminouse o botón duplicado «Ready to send» das vistas previas paxinadas dos cuestionarios de personalidade
  • Corrección: as etiquetas dos pasos da paxinación xa non persisten despois de eliminar os campos de salto de páxina e volver importar os formularios
  • Corrección: resolveuse o problema dos datos baleiros no campo oculto ao usar a opción «Embed Post/Page Title»
  • Corrección: o enchemento previo do campo de país do enderezo funciona agora correctamente cando se modifican os valores por defecto
  • Corrección: corrixíronse problemas na validación dos números de teléfono dalgúns países
  • Corrección: as macros do campo de datos da entrada funcionan agora correctamente dentro dos campos HTML
  • Corrección: elimínanse de Google Sheets os valores obsoletos da calculadora despois de quitar os campos de cálculo dos formularios
  • Corrección: corrixíronse problemas de visualización coas imaxes de tamaño personalizado dos botóns de opción e das caixas de verificación ao aliñalas horizontalmente
  • Corrección: engadiuse a posibilidade de personalizar as cores da descrición das preguntas dos cuestionarios
  • Corrección: as mensaxes para compartir en redes sociais publícanse agora correctamente nos perfís de LinkedIn
  • Corrección: «Ver resultados da enquisa» desprázase agora correctamente ata o gráfico de resultados
  • Corrección: os campos dos avisos das enquisas amósanse agora correctamente
  • Corrección: os bloques de Forminator poden aliñarse agora correctamente no editor Gutenberg
  • Corrección: eliminouse a advertencia de obsolescencia de PHP 8.5 relacionada coa funcionalidade de enquisas

1.54.0 ( 2026-05-20 )

  • Mellora: mellórase a compatibilidade con WP 7.0
  • Mellora: compatibilidade con varias integracións de webhook nun formulario
  • Mellora: mellórase o enchemento automático baseado nos datos do usuario actual
  • Mellora: mellórase o cálculo da media mensual nos informes
  • Mellora: engádese un interruptor para amosar/ocultar o contrasinal
  • Mellora: mellórase a compatibilidade co maquetador Oxygen
  • Mellora: actualízase a lista de fontes de Bunny
  • Mellora: engádese a posibilidade de copiar e enviar por correo electrónico as ligazóns dos envíos en borrador na páxina de envíos
  • Mellora: compatibilidade cos tipos de arquivo .avif, .heif, .heics e .heifs nos campos de subida
  • Mellora: simplificáronse algúns nomes de países para mellorar a experiencia de usuario nos campos de enderezo
  • Mellora: elimínase o valor máximo por defecto dos campos de número e moeda
  • Mellora: compatibilidade cos axustes de data por defecto en todos os tipos de selector de datas
  • Mellora: redúcese a carga de acceso ao disco no servidor
  • Corrección: importación dos campos de subida de arquivos de Contact Form 7
  • Corrección: problema de recarga do formulario de acceso coa caché do navegador
  • Corrección: Google Pay amosaba incorrectamente 0 nas subscricións
  • Corrección: conflito entre o complemento Geolocation e Turnstile
  • Corrección: enviábanse as etiquetas das opcións en lugar dos valores á integración con Google Sheets
  • Corrección: problema de «Payment Intent ID is not valid»
  • Corrección: erros de JS de reCAPTCHA
  • Corrección: uso de JavaScript herdado
  • Corrección: radio do bordo das opcións do despregable
  • Corrección: problema cos caracteres especiais nas opcións do campo de botóns de opción
  • Corrección: validación en liña do campo de subida nos envíos en borrador
  • Corrección: problema coa asignación dos metadatos do usuario no formulario de rexistro
  • Corrección: cálculos incorrectos dos elementos repetidos nos envíos en borrador
  • Corrección: o despregable de selección non funcionaba nas ventás emerxentes de terceiros
  • Corrección: respostas baleiras dos cuestionarios no CSV
  • Corrección: a validación en liña non funcionaba no subcampo Campo da entrada > Contido
  • Corrección: gárdanse os envíos fallidos por tipos MIME prohibidos
  • Corrección: as etiquetas dos pasos da paxinación sobrepóñense
  • Corrección: o marcador de posición do campo de sinatura desaparece
  • Corrección: campo de sinatura na vista previa
  • Corrección: o cuestionario non se pode gardar cando a resposta é ‘0’
  • Corrección: condicións dos cuestionarios de personalidade dentro do encamiñamento de correos electrónicos
  • Corrección: o envío do formulario require dobre clic por mor de reCAPTCHA no tema Divi
  • Corrección: número incorrecto de formularios activos
  • Corrección: visualización do campo de subida de arquivos no estilo básico
  • Corrección: aliñamento da descrición do cuestionario
  • Corrección: a opción de pago de PayPal aparece brevemente ao enviar o formulario
  • Corrección: o webhook non se activaba debido á localización do valor da condición do campo de consentimento
  • Corrección: redondeo nos campos de cálculo
  • Corrección: o parámetro de consulta non funcionaba nas opcións de prefixo dos campos de nome
  • Corrección: as enquisas pódense publicar sen respostas

1.53.2 ( 2026-05-11 )

  • Corrección: melloras de seguridade

1.53.1 ( 2026-04-21 )

  • Mellora: mellórase a importación de Contact Form 7
  • Corrección: melloras de seguridade
  • Corrección: o padrón de fondo do tema Divi non se cargaba correctamente
  • Corrección: o campo de sinatura non funcionaba correctamente
  • Corrección: problemas de validación do campo de teléfono
  • Corrección: o selector de datas amósase na zona do pé de páxina cando está definida a data por defecto

1.53.0 ( 2026-04-14 )

  • Mellora: actualizacións de compatibilidade con WordPress 7.0
  • Mellora: mellorouse a integración con HubSpot
  • Mellora: compatibilidade con varias instancias da mesma integración no widget de informes
  • Mellora: mellorouse a compatibilidade co maquetador Elementor
  • Mellora: melloráronse o rendemento e a estabilidade de arrastrar & soltar en formularios grandes e campos agrupados
  • Mellora: engadiuse a validación no servidor dos campos ocultos
  • Mellora: permítese inserir imaxes en Campo da entrada Contido da entrada para crear contido máis rico
  • Mellora: melloráronse a validación e o comportamento da lóxica condicional
  • Mellora: elimináronse os límites máximos por defecto dos campos de número e moeda nos modelos
  • Mellora: melloráronse as mensaxes de éxito en liña despois do envío nos modelos
  • Mellora: mellorouse a coherencia do formato das datas nos formularios e nos correos electrónicos
  • Mellora: mellorouse a configuración de webhooks con compatibilidade con portos personalizados
  • Mellora: mellorouse o sistema de exportación a CSV para ofrecer máis flexibilidade e personalización
  • Corrección: evítase o envío do formulario cando os provedores de pago (PayPal/Stripe) non se cargan ou se eliminan, para evitar envíos con datos de pago baleiros
  • Corrección: os pagos de Stripe admiten agora correctamente o campo de control escorrente de intervalo usado no cálculo do importe
  • Corrección: problemas de validación de PayPal que causaban erros incorrectos ou bloqueaban os envíos
  • Corrección: envíos duplicados dos cuestionarios ao navegar rapidamente entre páxinas
  • Corrección: os formularios non se renderizaban nos bloques reutilizables nin nos padróns de FSE
  • Corrección: problemas dos avisos por correo electrónico, como os valores que faltaban, o encamiñamento incorrecto e os fallos ao reenviar
  • Corrección: problemas na entrega dos correos electrónicos dos cuestionarios e das enquisas e problemas na lóxica condicional dos correos
  • Corrección: os valores do grupo de campos non se capturaban nin se enviaban por completo ás integracións e aos correos electrónicos
  • Corrección: os elementos do grupo de campos non se restablecían correctamente despois do envío do formulario
  • Corrección: problemas do campo de cálculo, como a validación incorrecta, os erros na vista previa e os bloqueos do editor
  • Corrección: inestabilidade dos cálculos ao cambiar os valores rapidamente
  • Corrección: problemas do campo de data cos formatos, os valores por defecto e as dependencias entre campos
  • Corrección: problemas do campo de teléfono, como a compatibilidade con RTL, o formato e a xestión dos parámetros de consulta
  • Corrección: omisión da validación da subida de arquivos que permitía o tipo de arquivo JSON
  • Corrección: erros de validación da subida de arquivos que bloqueaban o envío do formulario
  • Corrección: problemas coas ligazóns da subida de arquivos ao usala con campos de pago
  • Corrección: problemas na xeración de PDF con valores, etiquetas e formato incorrectos
  • Corrección: amosábase un texto do marcador de posición incorrecto no campo do título do PDF
  • Corrección: problemas na interface de administración, como a información emerxente, as etiquetas e as inconsistencias do deseño
  • Corrección: comportamento incorrecto da redirección despois do envío do formulario
  • Corrección: inconsistencias nos datos dos envíos (valores dos borradores, ID de envío)
  • Corrección: problemas de accesibilidade relacionados cos atributos ARIA e cos identificadores de campo que faltaban
  • Corrección: problemas na interface dos campos, como o restablecemento da puntuación, os límites de selección e problemas do despregable de selección na vista previa
  • Corrección: problemas de renderizado da interface, como os efectos ao pasar o cursor, os controis escorrentes e fallos na paxinación
  • Corrección: as etiquetas longas non se amosaban correctamente nos resultados das enquisas

Podes atopar o rexistro de cambios completo aquí – Rexistro de cambios de Forminator.